As tres vivendas de A Xunqueira II e os colexios de Santo André de Xeve e Lérez terán uso educativo
Por Alejandro Espiño
Coa xubilación dos funcionarios que tiñan dereito a vivenda, tres colexios do municipio poderán ampliar as dependencias destinadas a uso exclusivamente educativo.
O Concello iniciou os trámites para desmantelar as vivendas habilitadas na Xunqueira II e os colexios de Santo André de Xeve e Lérez.
Así o fará tras a petición realizada polos directores destes tres centros escolares.
Solicitaron que o espazo que ocupan estas vivendas pase a ter uso educativo.
Entre os usos previstos, segundo explicou o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, estará a súa utilización como comedor ou para actividades extraescolares.