'Xogos de verán' en Lourido e o Combo Dominicano en Samieira
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
Poio continúa programando propostas itinerantes polas diferentes parroquias do municipio, coas que dinamizar a actividade socioeconómica e encher de vida todos os lugares do municipio, con propostas variadas e de calidade.
Dentro desta programación, a orquestra O Combo Dominicano actuará o vindeiro xoves, 1 de agosto, en Samieira. Será a partir das 23.00 horas no campo de fútbol Río de Bois.
O alcalde, Ángel Moldes, e os concelleiros Fran Dasilva e Manuel Domínguez, reuníronse con representantes da Comisión de Festas, do Grupo de Carnaval e do Club Ciclista de Samieira para presentar o concerto e comezar con todos os preparativos.
A orquestra canaria, unha das máis recoñecidas actualmente no mundo das verbenas, traerá ata Samieira o seu último espectáculo, Adrenalina Tours, un show cun novidoso repertorio musical e cunha chamativa proposta escénica.
Na contorna de Río de Bois habilitaranse aparcamentos disuasorios sinalizados para favorecer a mobilidade e o acceso seguro ao recinto do concerto e facilitar o acceso a todas as persoas que se esperan, xa que esta é unha das orquestras que cada verán mobilizan a un maior número de persoas para disfrutar dos seus espectáculos.
MÁIS CANTOS NA PRAZA DE LIÑARES
Por outra banda, este sábado, 27 de xullo, Máis Cantos dará un concerto na Praza de Liñares, organizado polo Concello de Poio. A partir das 19.30 horas e con entrada gratuíta, o grupo interpretará varias cancións do seu repertorio.
XOGOS DE VERÁN
Lourido xa ten todo preparado para albergar os Xogos de Verán organizados pola AAVV cultural e deportiva de Lourido.
Do 29 de xullo ao 3 de agosto, o calendario proposto inclúe deporte, actividades e actuacións para os máis pequenos. Durante todas as tardes, con excepción do sábado que tamén inclúe actividades pola mañá, organizaranse competicións de fútbol 6 base, volei praia, tenis praia, petanca, chave... Unhas probas que se mesturarán con espectáculos de maxia e de música, talleres de manualidades ou búsqueda de tesouros, destinados para o público familiar.
Para participar nas actividades propostas, todas elas gratuítas, é necesario inscribirse previamente en xogosdelourido.com onde tamén atoparán máis información sobre as modalidades así como os horarios de competición. No caso do torneo de fútbol 6 base, as inscricións faranse a través do whatsapp 606 257 171 ou no enderezo electrónico clubfutbolbasepoio@gmail.com, facendo constar os datos do compoñentes de cada equipo (nome, apelidos e DNI).
A semana dos Xogos de Verán comeza o luns 23, ás 18.00 horas, coa presentación e a actuación de Vides Novas. Posteriormente, xogaranse os torneos de fútbol 6 base, as primeiras rondas de volei praia e tenis praia, e as eliminatorias de petanca.
O martes, a partir das 18.30, xogarase o partido de fútbol 6 base e, a continuación, as segundas rondas de volei praia e tenis praia. Ás 19.00 horas organizarase unha carreira de caramelos e a tarde rematará, ás 19.30 horas, co espectáculo Abordaxe Pirata, de Barafunda Animacións.
O 31 de xullo, mércores, a tarde comezará cun taller de manualidades, que se celebrará entre as 18.00 e as 20.00 horas. Paralelamente, ás 18.30 horas xogarase un novo partido do torneo de fútbol 6 base, e a partir das 19.00 horas disputaranse as semifinais de volei praia e de tenis praia. Para rematar o día, ás 20.30 horas, inclúese unha exhibición de ximnasia rítmica.
Para o xoves, 1 de agosto, prográmase ás 18.30 horas o partido de fútbol 6 base e ás 19.00 horas as finais de volei praia e de tenis praia. Tamén a esa hora realizarase unha nova carreira de caramelos. A semifinal de chave masculina e feminina e a final de petanca disputaranse, nos dous casos, ás 20.00 horas. Á esa mesma hora tamén se disputará unha carreira de bici praia.
O venres, día 2, Barafunda Animacións organizará unha Búsqueda do Tesouro, unha das principais novidades incluídas na programación deste ano. Tamén para os máis pequenos, o Circo Superhate ofrecerá, ás 19.30 horas, o seu espectáculo “Patty Diphusa” dirixido para o público familiar. A xornada rematará coas finais de chave nas categorías masculina e feminina, a partir das 20.00 horas.
Para o último día dos Xogos de Verán reservaron, ás 9.00 horas, o concurso de pesca. Ás 11.00 horas celebrarase a carreira popular e, xa pola tarde, será o fin de festa, no Parque Costa Xiráldez, coa entrega de premios e a actuación do DJ Javi Solla.
Relacionadas:
-
Poio tamén ten a súa Costa Azul e conta con mozos voluntarios comprometidos ambientalmente
Por Redacción |
-
A APDR denuncia unha vertedura de augas fecais en Combarro
Por Oskar Viéitez |
-
Os amantes das mariscadas teñen unha cita en Raxó
Por Oskar Viéitez |
-
Poio programa este sábado un concerto de Máis Cantos na Praza de Liñares
Por Redacción |