Poio tamén ten a súa Costa Azul e conta con mozos voluntarios comprometidos ambientalmente
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Costa Azul é a denominación dun dos seis campos de voluntariado que a Xunta ofrece estes meses estivais e que resultou de notable interese entre mozos de 18 e 30 anos que se inscribiron, esgotando as prazas dispoñibles para acudir a Poio.
Neste caso, os voluntarios fan efectivo o seu compromiso co medio ambiente mediante a limpeza da contorna mariña en emprazamentos do municipio como Lourido, Combarro, a illa de Tambo, Chancelas ou a zona litoral da Seca.
Ata este emprazamento desprazábase o alcalde, Ángel Moldes e a concelleira de Xuventude, Tamara González, para agradecerlles o seu compromiso coa contorna natural e o seu labor ata final de xullo.
Neste tempo "intervirán para coidar, protexer e conservar o noso litoral e van contribuír a sensibilizar a outras persoas sobre a importancia do seu coidado".
En total son vinte persoas as que conforman este campo de voluntariado con mozos procedentes de Galicia, Castela-León, Estremadura, País Vasco, Cantabria, Navarra, Aragón e A Rioxa.
Para estes labores contan co apoio de drons, kaiaks ou táboas de SUP. A iniciativa tamén inclúe unha parte lúdica na que practican snorkel, paddel surf, tiro con arco, excursións, talleres, veladas temáticas e propostas culturais e de natureza.
Relacionadas:
-
'Xogos de verán' en Lourido e o Combo Dominicano en Samieira
Por Oskar Viéitez |
-
A APDR denuncia unha vertedura de augas fecais en Combarro
Por Oskar Viéitez |
-
Os amantes das mariscadas teñen unha cita en Raxó
Por Oskar Viéitez |
-
Poio programa este sábado un concerto de Máis Cantos na Praza de Liñares
Por Redacción |