Descende un 9% o número de veladores na Boa Vila
Por Oskar Viéitez
Segundo os datos oficiais do Concello de Pontevedra, o municipio ten 257 locais de hostalería con mesas e cadeiras na rúa.
A administración local constata un descenso no número de veladores de pouco máis do 9%.
Neste este ano 2024 o importe recadado polo Concello foi de pouco máis de 171.000 euros polos 257 recibos emitidos correspondentes ás 1.589 terrazas autorizadas.
Estas cifras supoñen un notable descenso en comparación co vivido hai dous anos, xa que no 2022 eran 2.025 os veladores autorizados o que supuxo que o Concello emitise 326 recibos que supuxeron unha recadación duns 218.000 euros para as arcas municipais.
Na actualidade nas rúas de primeira categoría emítense 248 recibos, cun importe total de 167.913,05 euros, e o número de mesas con 4 cadeiras ou menos é de 1.550.
As rúas de segunda categoría supoñen 9 recibos, cun importe de 3.638,14 euros. Neste caso o número de mesas con 4 cadeiras ou menos é de 39.
AÑO | IMPORTE | RECIBOS | VELADORES |
2012 | 164.939,23 | 238 | 1.649 |
2013 | 164.796,96 | 244 | 1.577 |
2014 | 182.941 | 266 | 1.740 |
2015 | 192.254,46 | 280 | 1.790 |
2016 | 200.665,19 | 290 | 1.959 |
2017 | 205.720,67 | 297 | 1.907 |
2018 | 205.579,23 | 299 | 1.893 |
2019 | 204.378,55 | 299 | 1.893 |
2020 | |||
2021 | |||
2022 | 218.774,51 | 326 | 2.025 |
2023 | 188.661,45 | 284 | 1.743 |
2024 | 171.551,19 | 257 | 1.589 |