A Xunta e o Concello de Marín estudan a mellora da rede de abastecemento e saneamento na parroquia de San Xulián
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, mantiveron este mércores unha reunión na que estudaron vías de colaboración para mellorar a rede de abastecemento e saneamento en varias contornas da localidade.
Máis polo miúdo, analizaron os proxecto municipal para dotar destes servizos ás vivendas que se localizan na parroquia de San Xulián de Marín e, en concreto, no tramo da estrada PO-313 entre os lugares de Vista Alegre e Coirados.
A maiores, durante o encontro, tamén fixeron balance do estado doutras actuacións nas que xa están a colaborar o Concello e Augas de Galicia. Así, abordaron a evolución das obras para mellorar a rede de saneamento na contorna do río Lameira, que contan cun orzamento de máis de 3,1 millóns de euros, e o proxecto para ampliar a capacidade do colector da estación de bombeo de augas residuais localizada en Mogor.
Neste último caso, Ángeles Vázquez informou a María Ramallo de que o proxecto está sendo avaliado por parte de Augas de Galicia.
A conselleira aseguroulle á alcaldesa que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á súa veciñanza.
Relacionadas:
-
Un mapa virtual no que percorrer Marín en dixital
Por Redacción |
-
Atropelado un mozo no paso de peóns fronte ao Concello de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Marín honra á Raíña dos Mares
Por Oskar Viéitez |
-
Dunha camiseta da Selección Española para a Escola Naval ao desexo de que Leonor "disfrute" de Marín
Por Alejandro Espiño |