Dunha camiseta da Selección Española para a Escola Naval ao desexo de que Leonor "disfrute" de Marín
![Alejandro](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/dee/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5624216432-20150128-patxot-alex-espino-002.jpg)
Por Alejandro Espiño
O tradicional brinde que se celebra na Escola Naval de Marín tras a cerimonia de entrega dos reais despachos aos novos oficiais da Armada deixou varias estampas curiosas.
O rei Felipe VI regalou ao centro unha camiseta da Selección Española de fútbol asinada por todos os integrantes do conxunto nacional que gañaron a recente Eurocopa en Alemaña.
"Es un placer y una alegría estar de nuevo en esta escuela", asegurou o rei no seu discurso, sobre todo nun Día do Carme, patroa dos mariñeiros e da Armada, que a xente da mar en toda España "celebra de una manera tan especial".
Compartir este día cos novos oficiais da Armada, subliñou Felipe VI, "es muy emotivo", destacando que todos se incorporarán pronto aos seus novos destinos "desarrollando todas sus competencias, conocimientos, experiencias y valores en beneficio de España".
Felipe VI tamén tivo unhas palabras para os gardamariñas que xuraron bandeira tras completar un primeiro ano de estudos que, segundo apuntou, "siempre es muy duro hasta que se ahorman a la vida de la Armada".
O monarca sostivo que "hoy habéis firmado vuestro sello de compromiso en la defensa de los valores y en la defensa de España hasta las últimas consecuencias".
O rei lembrou que esta foi a primeira vez que acode á Escola Naval de Marín coa raíña Letizia e coa princesa Leonor, quen "a partir de mañana" será gardamariña de primeiro.
"Felicidades Leonor por eso", dixo Felipe VI dirixíndose á súa filla, á que advertiu que "realmente se lo tendrá que ganar el curso que viene".
A súa promoción, segundo o rei de España, está "lista y preparada" para a incorporación da princesa de Asturias "y con mucha ilusión por recibirte".
Nesta escola naval "vas a ahormarte como oficial de la armada y, sin duda, lo vas a disfrutar también", sentenciou Felipe VI antes de entregar a camiseta da Selección Española aos responsables deste centro militar para que forme parte do seu museo.
A razón deste agasallo, segundo xustificou o rei, remóntase ao ano 2010 cando España gañou o seu primeiro Mundial de fútbol, que se xogou un día antes da entrega de despachos na Academia Militar Xeneral de Zaragoza, "y les llevé una camiseta de la selección".
"Un brindis por lo que más nos une, por España, por su bandera y por su constitución", finalizou en monarca no medio dos berros de "viva el rey" por parte dos asistentes.
Relacionadas:
-
A princesa Leonor xa é gardamarina de primeiro
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta e o Concello de Marín estudan a mellora da rede de abastecemento e saneamento na parroquia de San Xulián
Por Redacción |
-
Marín honra á Raíña dos Mares
Por Oskar Viéitez |
-
A visita máis emotiva de Felipe VI a Marín: dez anos como rei e, por vez primeira con Leonor
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A Escola Naval de Marín dá a benvida á princesa Leonor "á que será a súa casa sempre"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |