Os traballadores de Hierros Santa Cruz aceptan as condicións do ERE
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Hierros Santa Cruz chegou a un acordo cos seus traballadores en relación ao Expediente de Regulación de Emprego temporal (ERE) plantexado hai unha semana.
As asembleas celebradas en Meaño e A Picaraña (Padrón) ratificaron o preacordo alcanzado cos representantes sindicais no que se fixa a suspensión de contrato para 44 empregados, un máximo de 150 días repartidos en nove meses aos que hai que sumar seis técnicos que reducirán a súa xornada un 50% durante os primeiros 60 días e unha limpadora que tamén reducirá as súas horas á metade.
A empresa trasladou ao persoal que espera pechar novas contratacións nos próximos meses que garantan o mantemento do persoal unha vez conclúa a aplicación do expediente.