Buscan unha cadela que fuxiu na zona da Xunqueira debido ao son das bombas de palenque
Por Redacción
"Roma se escapó". A protectora de animais Os Palleiros alerta da desaparición dunha cadela durante a mañá deste xoves na contorna da Xunqueira, preto do río Lérez.
As bombas de palenque lanzadas arredor das 11:00 con motivo da celebración da romaría de San Bieito provocaron que a cadela se asustase polos estouridos e fuxira.
Segundo o propietario, desprazouse pola zona do campus universitario de Pontevedra.
Cre que seguramente se dirixiu cara á parroquia de Lérez ou incluso teme que se marchara cara á estrada de Barro.
Indica tamén que é moi boa e dócil, de xeito que calquera persoa pode achegarse a ela sen perigo.
Varias persoas están buscándoa e, ante calquera aviso, o propietario achegarase de inmediato.
Os teléfonos de contacto para facilitar calquera dato sobre esta mascota son o 614.30.65.08 e o 634.45.50.44.