Aprazados os desfiles de Entroido de Marín e Poio
Por Redacción
O mal tempo que afecta ás Rías Baixas durante este fin de semana continúa obrigando a suspender os actos festivos previstos nas distintas localidades con motivo da celebración do Entroido.
Desta forma, o Concello de Marín comunicou que se suspende o Gran Desfile de disfraces e carrozas previsto para as 17.00 horas deste domingo 2 de marzo. A organización decidiu trasladalo ao mércores 5, tamén ás 17.00 horas, antes do desenvolvemento do enterro da festa de fin do Entroido co enterro da Sardiña. O percorrido continúa sendo o previsto co inicio na avenida de Ourense e remate no parque Eguren. A concentración dos participantes será ás 16.00 horas na praza do Regueiro, diante da Casa Pilán. Desfilarán polas seguintes rúas: praza do Regueiro, avda. de Ourense, praza de España, rúa Almuiña, avda. Jaime Janer, rúa Concepción Areal, para rematar no parque Eguren.
A lectura do pregón si se mantén no Concello marinense coa intervención do humorista e actor Serxio Pazos ás 13:15 horas deste domingo.
SUSPENSIÿN DE ACTOS EN POIO
Tamén o Concello de Poio decidiu suspender os actos previstos para esta xornada na que estaba previsto que se desenvolvese o Desfile do Galo Bruxo na parroquia de Samieira en sesión matinal. Tamén se suspende o desfile principal do Entroido dende a Praza da Granxa en Campelo ata a Praza do Concello anunciado para as 16.00 horas.
Celebrarase, segundo fontes municipais, o próximo venres 7 de marzo ás 20.00 horas.
O Desfile do Galo Bruxo pásase ao domingo 9 de marzo ás 16.00 horas, mentres que o Enterro do Galo Fodorico trasládase ao sábado 29 de marzo.
Relacionadas:
-
A queima do galo Fodorico pecha o Entroido en Poio
Por Redacción |
-
Desfile e enterro da sardiña en Marín, todo nun só día
Por Diego Torrado |
-
Moito humor festeiro, a pesar do mal tempo, no pregón de Serxio Pazos en Marín
Por Manu Cillán |
-
O Pavillón da Cañota disfrázase de fantasía infantil
Por Redacción |
-
O Desfile de Entroido de Pontevedra aprázase para o vindeiro sábado 8
Por Redacción |