O PP insiste na necesidade de extremar a vixilancia na Ferrería, a Oliva e Campolongo
Por Redacción
Responsables do grupo municipal do PP en Pontevedra, co seu portavoz ao fronte, Rafa Domínguez, mantiveron outro encontro con comerciantes e residentes da praza da Ferrería para testar se hai cambios na súa preocupación polos problemas de convivencia neste céntrico emprazamento motivados pola presenza de toxicómanos e indixentes.
Segundo resolvíase do encontro, a situación persiste e desde a oposición atribúeno á inacción do goberno local que non aplica "políticas responsables de reforzo dos servizos sociais e unha vixilancia constante do cumprimento da lei". Unha situación que Domínguez facía extensible ás galerías comerciais de La Oliva, a praza de Galicia e a súa contorna e a Campolongo.
Dada a persistencia destes problemas de convivencia e ante estas datas estivais, o portavoz popular reiterou a reclamación de extremar a vixilancia "nun momento no que o turismo é tan importante nas Rías Baixas" e neste caso na Ferrería que "é unha das prazas emblemáticas que marabillan aos peregrinos que atravesan a cidade no seu percorrido polo Camiño Portugués".
Relacionadas:
-
O PP recolle firmas na Praza da Peregrina para esixir medidas de seguridade cidadá en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
"Maior presenza policial" pola"preocupante" situación da Ferrería e Campolongo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Rafa Domínguez, sobre a inseguridade cidadá: "Un día vai haber un desgusto pola pasividade de Lores"
Por Natalia Puga |