Espectacular accidente sen feridos en Vilagarcía
Por Redacción
Un deportivo da marca Mitshubishi Lancer VIII vermello protagonizou un aparatoso accidente na recta de Rubiáns en Vilagarcía de Arousa a primeiras horas da tarde do sábado 1 de marzo cando o seu condutor perdeu o control, por causas que se investigan, e colisionar contra outro turismo que circulaba en dirección a Pontevedra.
O deportivo impactou tamén coa base dalgúns farois e outros obxectos para rematar precipitándose por un terraplén ante o recinto da nave de Baygar.
O accidente saldábase sen feridos de gravidade aínda que ata a zona se achegou unha ambulancia medicalizada do 061, ademais dunha dotación da Garda Civil de Tráfico.
O suceso chamou a atención de numerosos curiosos que se achegaron ata a zona para ver os traballos de retirada do deportivo, que resultaron dificultosos tras quedar en posición vertical ante a nave da empresa de maquinaria.