‘Galicia, Mellor Sen Touradas’ pide investigar a entrada de menores á becerrada do sábado
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A plataforma ‘Galicia, Mellor Sen Touradas’ anuncia que trasladará unha queixa ante a Valedora do Pobo polo que consideran un “control de acceso” moi laxo na becerrada celebrada na praza de touros de Pontevedra o pasado sábado 29 de xuño e polo agasallo de invitacións ás portas da actividade, supostamente de carácter privado.
A plataforma investiga a becerrada coa análise de diferentes fotografías e vídeos que proban a asistencia de persoas menores de idade e, “ante as dúbidas razoables sobre se estes cumpren coa Lei de Espectáculos de Galicia”, decidiron acudir á Valedora do Pobo.
Esta entidade xa se manifestou a favor de prohibir o acceso de persoas menores de idade a eventos de carácter taurino, recomendación que a Xunta aceptou de maneira parcial, ao integrar na súa Lei de Espectáculos unha prohibición ata os 12 anos.
Posteriormente o Comité dos Dereitos do Niño de Nacións Unidas pediu ao Estado español un veto total, nas súas Observacións Finais formuladas en 2018. Realizou unha petición similar en 2023, a través do Comentario Xeral nº26.
De forma paralela, a plataforma dirixirá un escrito á Consellería de Presidencia advertindo o consumo continuado de bebidas alcohólicas e as medidas preventivas postas en marcha pola organización para previr que o mesmo tivese lugar por parte de adolescentes, tal e como fixa a normativa sectorial.
’Galicia, Mellor Sen Touradas’ cualificou a becerrada como un "rotundo fracaso con momentos surrealistas", como o público levantado mentres soaba na megafonía do coso o Himno de España.