Os comuneiros de Cobres repoboan o monte veciñal con máis de 4.000 árbores
Por Redacción
Unha plantación de 4.000 árbores servirán para repoboar 4,5 hectáreas do monte veciñal de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa) na zona na que durante o ano 2013 se levou a cabo o corte de madeira.
Na zona de Castiñeiras estase a levar a cabo unha plantación mixta de castiñeiros e piñeiros. No caso dos piñeiros serán tallados cando os castiñeiros necesiten cubrir todo o marco da plantación para o seu desenvolvemento como árbore adulta. Este sistema de plantación permite a medio prazo, arredor dos 10-15 anos, obtención de recursos económicos pola venda de madeira de piñeiro. Neste rodal, de preto de 3 hectáreas plantaranse uns 450 castiñeiros.
No rodal de Charmoles plantaranse outros 150 castiñeiros e no rodal da Chamizada ao redor de 1.000 piñeiros. Xa na zona baixa do monte, nas Abeleiras, unha pequena parcela de 0,4 hectáreas plantaranse unhas 350 eucaliptos da especie "nitens", máis resistente ás enfermidades.
Para a realización destes traballos, ademais dos de poda e roza doutras zonas do monte comunal, a empresa encargada dos traballos contratou tres comuneiros.