Fin de semana sobre rodas en Marín
Por Redacción
Marín gozou dunha fin de semana sobre rodas coa celebración da XVII Concentración Moteira Vila de Marín.
O evento estivo organizado polo club Golfiños de Marín e desenvolverase do venres ao domingo nunha carpa instalada na Praza de España.
A apertura de portas foi o venres coa repartición do choripan e os concertos de Four Passengers e dos Dj Rubén Díaz e Toño, mentres que o sábado pola tarde iniciouse o roteiro mototurística polo municipio.
Ese mesmo día, Rui Armada realizou unha exhibición que deu paso ao roteiro nocturno, que continuou coa entrega de trofeos e agasallos e coa sesión de música dos Dj Rubén Díaz e Toño.