Os restaurantes Xerfa e O Vasko, primeiros premios no Sanxenxo Degusta Tapas
Por Redacción
Os pratos "Sabe a Galicia", do restaurante Xerfa, e "Ravioli de Bacallau ao pil pil", do Vasko, lograron os primeiros premios na categoría Creativa e tradicional do XIII Sanxenxo Degusta Tapas.
Este venres tivo lugar a entrega dos diplomas aos gañadores na que os segundos premios recaeron tamén en ambos os restaurantes nas dúas categorías co "Tartar de Lagostino" do Vasko e “O cocho da Avoa” do Restaurante Xerfa.
As terceiras tapas mellor valoradas polo público foron a “Albóndega de Pescada e gamba con lactonesa de alga” da Taberna de Rotilio e o “Fetuccine pirata” da Terraza do Mar.
A edición décimotercera do Sanxenxo Degusta Tapas despachou case 6.000 tapas nos 23 locais participantes cun total de 40 tapas diferentes a un prezo de 3 euros.
Ademais, tamén se develaron os premios do público que consistiron en viaxes a Ons, estancias para dúas persoas, tickets para o Racing Dakart, visitas a adegas e comidas ou ceas nos distintos restaurantes.
O concelleiro de Turismo, Juan Deza declarou que “rátase dunha iniciativa na que a hostalería local implícase e iso nótase na calidade das súas tapas e dos productos que se empregan e iso sempre é valorado polos clientes que as consumen”.