Tras Panorama e Gran Parada, chegan Kubo e Marbella
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Despois do éxito de público para ver os espectáculos das orquestras Panorama e Gran Parada, que transcorreron sen incidencias destacables, as festas de San Xoán continúan este mércores con outras dúas formacións, Kubo e Marbella, a partir das 22.00 horas.
Nesta mesma noite do mércores ofrécese unha montaxe de fogos de lucería ás 00.00 horas dentro da programación establecida polo Concello de Poio.
O público infantil converterase este xoves 27 de xuño no principal protagonista do peche das Festas de San Xoán en Poio, tal e como xa sucedía na edición de 2023.
A partir das 18.00 horas está prevista unha festa infantil na Seca.
A música e a animación chegará da man de Javi Solla.
Está prevista a instalación de inchables e a celebración dun baño de escuma. Todas as actividades serán gratuítas.
Tamén as atraccións de feira que permanezan no recinto ofrecerán unha rebaixa do 50% do prezo habitual con motivo da celebración do Día do Neno.