O PP esixe cumprir o acordo plenario de 2022 para mellorar o "vilipendiado" barrio de Fontesanta
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular logrou nun Pleno celebrado en xullo do 2022, co voto favorable do bipartito BNG e PSOE, a aprobación unánime dunha moción na que solicitaba "adoptar medidas urxentes de mantemento e mellora do barrio de Fontesanta".
Dous anos despois os residentes seguen denunciando a persistencia destes problemas polo que o PP esixirá ao goberno local que cumpra o acordo plenario de 2022 para mellorar o "vilipendiado" barrio de Fontesanta.
A semana pasada, os populares Silvia Junco e Iago Acuña asistiron a unha das últimas reunións veciñais para "mostrar o noso apoio aos afectados" polo incumprimento plenario e lembrarlles os compromisos que se alcanzaron por parte de toda a corporación municipal.
No pleno de 2022, o bipartito comprometeuse ao pintado das rúas; dotación e mellora da sinalización horizontal e vertical; mellora da accesibilidade peonil; poda de árbores, mantemento e reposición de zonas verdes; incremento da recollida do lixo e control de verteduras; incoar expedientes de limpeza das parcelas privadas; reparación, mellora e posta ao dispor da cidadanía das canchas de tenis; solicitude a ADIF para o mantemento da zona de servidume da vía (solicitude de cesión do terreo e dotación dun parque público; e un plan de desratización e de limpeza de sumidoiros.
"Dos años después, las necesidades siguen siendo las mismas porque el Gobierno local acostumbra a incumplir su palabra y dejar patente su falta de respeto a los pontevedreses, a los que nos debemos y representamos a través de los plenos municipales", afirmou Silvia Junco.
Os populares critican a "desidia" do alcalde e os seus concelleiros que "están ignorando, conscientemente, a los vecinos que muestran su descontento con el Ayuntamiento".
Relacionadas:
-
Entre ratas, verteduras e equipamento abandonado, os veciños de Fontesanta claman unha solución
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
A reconstrución dos muros de contención do barrio de Fontesanta concluirá en 15 días
Por Redacción |
-
Acometen obras de emerxencia en Fontesanta para reforzar o muro que perimetra o barrio
Por Alejandro Espiño |
-
"As ratas cómennos os cables, quedamos sen Internet e quedaremos sen luz", denuncia unha veciña de Fontesanta
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Piden máis vixilancia para evitar a acumulación de lixo na zona de Fontesanta
Por Redacción |