Acondicionan o miradoiro de Punta Cabicastro para dotalo de maior seguridade
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo decidiu acondicionar o miradoiro de Punta Cabicastro.
O proxecto que se está a cometer no enclave turístico busca definir o bordo do espazo natural para achegar seguridade, ademais de equipamento para o descanso dos visitantes.
Segundo explica o gobinerno local o bordo que se está a construír defínese mediante un muro cuxa altura non supera os 50 centímetros.
Este espazo natural, nun lugar privilexiado ao bordo da ría de Pontevedra, conta con protección de Costas e linda no seu bordo exterior con chan de Dominio Público Marítimo Terrestre no que existe un cantil de aproximadamente 30 metros de altura.
Trátase dunha actuación por valor de 12.200 euros financiada a cargo do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través do Plan Nacional de Sustentabilidade Turística en Destinos Xacobeos 2021.