A finais de xuño regresa o Concurso de Patrullas que organiza a Brilat
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Camiño Portugués volverá ser escenario do tradicional concurso de patrullas que, desde hai máis de dúas décadas, organiza a Brilat entre Tui e Santiago de Compostela.
Nesta ocasión, as datas escollidas son o mércores 26 e o xoves 27 de xuño, días en que os militares de cada patrulla deberán percorrer 120 quilómetros mostrando as súas habilidades #ante os diferentes retos que marca o roteiro.
Estableceranse sete probas de carácter militar como percorrido topográfico; lanzamento de granadas lastradas; rápel; paso a nado dun río; tiro; paso de pista de aplicación e percorrido cronometrado.
Esta actividade que promove a Brigada "Galicia" VII.Brilat obriga a un notable esforzo dos participantes tanto no aspecto físico como no psicolóxico, ademais de mostrar as súas capacidades e a súa instrución militar.
A saída realizarase no centro da cidade de Tui, no Paseo da Corredera, ás 08.30 horas. A entrega de trofeos está prevista o 27 de xuño a partir das 18.00 horas na praza do Obradoiro.
A acción englóbase no marco do programa do 56 aniversario de creación da Brigada.
Relacionadas:
-
O Grupo Loxístico VII da Brilat arrasa na Tui-Santiago
Por Natalia Puga |
-
Militares de catro países e un reto de 120 quilómetros nunha proba que xa forma parte do ADN da Brilat
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Brilat escribe outra etapa da súa historia mirando a Ucraína, Polonia, Eslovaquia e a preparación constante
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Brilat volverá de Eslovaquia en xullo e en 2025 regresará para liderar todo o ano a misión da OTAN
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Brilat 'saca os blindados' á rúa
Por Redacción |
-
A Brilat asume o mando da misión europea para formar a soldados ucraínos
Por Natalia Puga |