A Feira Franca abre o período de reservas para os xantares na rúa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Cando quedan xa menos de tres meses para unha nova edición da Feira Franca, o Concello abrirá o prazo para a presentación das solicitudes para a instalación de postos da hostalería, do mercado artesanal e dos xantares nas rúas do centro histórico.
A oficina da Feira Franca abrirá as súas portas a partir deste venres 14 de xuño. Estará situada, como é habitual, na rúa de Alfonso XIII, no edificio do antigo conservatorio, e permanecerá aberta ata o 15 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00 horas.
Se ben é posíble presentar as solicitudes de xeito presencial, tamén se facer uso dos formularios en liña na páxina https://feirafranca.pontevedra.gal/.
Como sempre, a cidadanía e os hostaleiros poderán solicitar a instalación e ocupación das distintas mesas que se distribuirán por toda a cidade.
Os mercados artesanais, pola súa banda, terán un espazo prefixado e os interesados tamén deberán presentar a solicitude para poder participar neles.
Para calquera dúbida, está habilitado o correo electrónico feirafranca@pontevedra.gal.
Relacionadas:
-
Acto vandálico en plena Feira Franca no mercado: forzan o acceso e baleiran extintores
Por Natalia Puga |
-
Lores cualifica de "edición masiva" a Feira Franca, que seguirá medrando "de forma moderada"
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
A Feira Franca 2023, en imaxes: comendo como no século XV
Por Cristina Saiz |