Activados os programas municipais 'Camiñemos' e 'Sanxenxo Concilia'
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
O Concello activou os programas municipais 'Camiñemos' e 'Sanxenxo Concilia'. Este último abre este martes o prazo de inscrición para esta actividade que se desenvolverá no colexio da Florida en horario de 8 a 15 horas, do 1 de xullo ao 30 de agosto. O plan ponse en marcha para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar para nenos de entre 3 e 12 anos.
En total Sanxenxo Concilia ofertará 45 prazas, das que se reservan dúas para nenos con necesidades especiais, a un prezo de 40,90 euros por quincena, 81,81 ao mes e 163,64 euros o programa completo.
As modalidades de asistencia serán por quincena, mes ou programa completo. A entrada poderá realizarse entre as 8 e as 10 horas e a saída ás 13:30 e as 15 horas. Os nenos que utilicen o servizo de 14 a 15 horas deberán levar comida. O prazo de presentación de solicitudes será desde as 9 horas ata as 14 horas do 10 de xuño.
As solicitudes presentaranse preferiblemente na sede electrónica de Terra de Sanxenxo
"CAMIÑEMOS"
O Concello tamén pon en marcha "Camiñemos" consistente en dous programas dirixidos dende o Taller de Memoria e de Educación Física para Maiores co obxectivo de seguir fomentando hábitos de vida saudables e favorecer a socialización dos nosos maiores. Ambos lévaranse a cabo tódolos venres dende o 7 de xuño ao 5 de xullo.
A través do Taller da Memoria ponse en marcha "Camiñemos Xuntos" que ten como obxectivo principal realizar exercicio físico de maneira moderada e acompañados, por diferentes rutas deseñadas para este fin dentro de Sanxenxo. Trátase dun momento de socialización onde, de maneira distendida, coñezan lugares do municipio. O lugar de saída serán dende o departamento de Servizos Sociais.
Así, hai previstas 5 andainas, ás 10 horas: 7 xuño: Portonovo- Punta Seame-Cabicastro-Montalvo-Portonovo; 14 xuño: A Lanzada-Faxilda; 21 xuño: Portonovo-Vicaño-Sanxenxo; 28 xuño: Vilalonga-Lagoas de Arnosa-Telleiras; 5 xullo: Nantes-O Con da Ventureira.
Dende Educación Física para Maiores ponse en marcha "Camiños saudables" co obxectivo principal de trasladar a actividade física ao exterior, tendo en conta as condicións do colectivo ao que vai dirixida. Buscando lugares destacados pola súa beleza paisaxística ou cultural dentro do municipio.
As rutas previstas son: 7 xuño: Portonovo-Sanxenxo. 14 xuño: Sendeiro Areas-Dorrón. 21 xuño: Sendeiro litoral Montalvo-Major. 28 xuño: A Lanzada. 28 xuño. 5 xullo: Especial fin programa: Ruta fluvial Pedra-Auga Barrantes-Ribadumia.
Para máis información poden poñerse en contacto con Servizos Sociais a través do teléfono 986 72 79 01 ou no correo electrónico servicios-sociales@sanxenxo.org.