A tradición do Corpus loce ao sol da Boa Vila
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
O mes de xuño arrancou en Pontevedra coa tradicional celebración este domingo 2 do Corpus Christi.
A xornada comezou á primeira hora coa parte civil dos festexos, no atrio da capela de San Roque, lugar no que o Gremio de Mareantes convidou ás autoridades locais, entre elas o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, a unha copa de augardente branca e un anaco de pan de millo.
Tras este acto tomou protagonismo a programación relixiosa, cunha misa ás 11.00 horas en San Bartolomé oficiada polo arcebispo de Santiago, e a posterior procesión polas rúas do centro da cidade.
A comitiva partiu de San Bartolomé para facer para dirixirse a Santa María previa parada na Ferrería para realizar unha oración.
O camiño final, na entrada da basílica, estivo engalanado polas sempre vistosas alfombras florais, elaboradas con mimo e esmero durante a noite previa.
Procesión do Corpus en Pontevedra
Unha procesión percorreu este domingo as rúas de Pontevedra pola celebración do tradicional Corpus Christi, que incluíu un acto civil organizado polo Gremio de Mareantes e as sempre vistosas alfombras florais
© PontevedraViva