Xornada grande en Ribadumia coa LI Festa do Viño Tinto do Salnés
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un total de 14 adegas participan na LI Festa do Viño Tinto do Salnés, que este sábado 1 de xuño afrontaba o seu día grande.
Á carpa de degustación uníaselle unha ampla programación de actividades entre as que destacaba o popular Xantar de Confraternidade no pavillón de Barrantes.
Un menú a base de empanada, polbo e carne ao caldeiro, con rosca e amorodos con viño tinto de sobremesa fixo as delicias dos comensais. Todo iso no medio dun gran ambiente festivo e do bo humor, como o que destilou o pregón de Virtudes de Galiñanes "a repunante", o personaxe creado por María Foscaldo.
Tampouco faltaron autoridades como o presidente da Deputación, Luis López, acompañando o alcalde de Ribadumia, David Castro.
E como guinda á celebración, música, co concerto programado de Hey Hematoma, agrupación formada por integrantes de Sinistro Total, Sufre Mamón, banda que rende homenaxe a Homes G e as orquestras Saudade e América de Vigo.
Este domingo o colofón musical á LI Festa do Viño Tinto do Salnés poñerano as actuacións de Añoranza, M80 e a Orquestra Panorama.
Relacionadas:
-
Saen á venda as entradas para o 'Xantar de Confraternidade' da Festa do Viño Tinto de Ribadumia
Por Redacción |
-
As mellores orquestras volverán marcar o ritmo en Ribadumia na Festa do Viño Tinto do Salnés
Por Anxo Lourido |
-
Oferta de emprego aberta para traballar na Festa do Viño Tinto do Salnés
Por Anxo Lourido |