Leccións prácticas de educación viaria para os escolares de Marín
Por Redacción
A Policía Local de Marín impartiu nos últimos días as Xornadas de Educación Viaria en todos os centros educativos do municipio.
A deste mércores tivo como protagonista ao alumnado do CPR A Inmaculada e desenvolveuse no Parque Eguren.
As sesións están dirixidas ao alumnado de 6º de Primaria e combinan unha parte teórica sobre seguridade viaria e bo comportamento peonil cunha parte práctica con karts.
Ademais, os alumnos tiveron a oportunidade de ver como funcionan os vehículos e medios policiais.
Relacionadas:
-
Más dunha década reclamando unha rotonda en Alba: "Estamos ata as orellas. Un día si e outro tamén hai accidentes"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Garda Civil investiga un condutor que compartiu un vídeo circulando de forma temeraria polo Campiño
Por Oskar Viéitez |
-
Escolares de Pontevedra, Poio, Vilaboa e Soutomaior visitan a Comandancia
Por Redacción |