O BNG e o PSOE solicitan ao Concello de Poio a reactivación da Mesa de Coordinación Policial para facer fronte á violencia machista
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
En febreiro de 2023 creouse a Mesa de Coordinación Policial no Concello de Poio co obxectivo de coordinar a loita contra a violencia machista. Unha ferramenta deseñada para reforzar a coordinación entre a institución e as autoridades que tiña que reunirse de xeito periódico cada catro meses.
Non obstante, o actual goberno municipal do PP non a convocou nunca polo que os grupos da oposición o BNG e o PSOE criticaron o "desleixo e a pasividade" do equipo do alcalde, Ángel Moldes.
O voceira do BNG, Marga Caldas, criticou que o Partido Popular "ten paralizado este órgano, incumprindo os acordos adquiridos polo anterior goberno municipal do BNG en materia do protocolo Vioxen, que permitiron que se increméntanse substancialmente as axudas en materia de igualdade e prevención".
O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Poio lembrou que a creación da Mesa consolidouse no anterior mandato, apenas uns meses despois de que o Concello se adherise a Vioxen, o programa de seguimento integral das vítimas de violencia de xénero.
Os socialistas consideran que "é moi grave o absoluto desinterese por parte de Ángel Moldes por garantir a igualdade de xénero".