Vilaboa queda ás portas de participar este verán en El Grand Prix de TVE
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Non puido ser. Vilaboa non participará este verán no popular concurso El Grand Prix, presentado por Ramón García en TVE. Aínda que chegou á fase final da selección, non logrou facerse un oco entre os catorce pobos que competirán este ano.
Entre eles só haberá un representante galego, o municipio lucense de Burela.
"Tiñamos moita ilusión por participar", explicou o alcalde de Vilaboa, César Poza, que encabezou o grupo de traballo que durante meses preparou esta candidatura.
Tras cumprir con todos os requisitos esixidos pola produtora, Vilaboa coouse na fase final desta selección, á que chegaron 490 localidades de toda España.
Pero finalmente, o programa non os seleccionou. Iso si, Poza avanza que "volveremos a intentalo o ano próximo", para contribuír á promoción turística do municipio.
A este respecto, o alcalde asegurou que querían aproveitar esta participación no Grand Prix para promocionar Vilaboa "pero sobre todo para dar a coñecer no conxunto do Estado o noso Entroido de Cobres", algo que tentarán cumprir en 2025.