Debuxar o traballo dos bombeiros ten premio: coñecelo de preto con toda a clase
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Jimena Martínez-Almeida, alumna do CEIP de Cabanas, en Salcedo, resultou gañadora do concurso de debuxos ‘O traballo dos bombeiros’ e, como premio, ela e a súa clase poderán coñecer de primeira mano o traballo destes profesionais de extinción de incendios.
Dirixido ao alumnado de 1º e 2º de Primaria dos centros escolares do de Pontevedra, o certame ten como premio a réplica a escala dun vehículo de bombeiros, xunto cun diploma conmemorativo.
Ademais, os compañeiros e compañeiras da gañadora realizarán unha visita especial ao parque municipal de bombeiros o vindeiro mes de maio, onde tamén recibirán un carné xuvenil de bombeiros.
O certame está promovido polo Servizo de Extinción de Incendios en colaboración coa área de Educación do Concello de Pontevedra,