Ata o 22 de xullo non se volverá a mariscar na ría de Pontevedra
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
Ata o luns 22 de xullo non volverá o marisqueo na ría de Pontevedra. Así o decidiron unanimemente este venres os responsables das confrarías de Lourizán, San Telmo e Raxó.
Estaba previsto que este martes 16 de abril rematase o parón da actividade extractiva vixente desde o pasado mes de xaneiro como consecuencia da mortalidade producida entre outubro e novembro do ano pasado polas intensas choivas. A ría ainda non se recuperou o que obriga a prorrogar o cesamento durante outros tres meses.
Durante este tempo continuarán os traballos de sementa e rareo. Nos últimos días xa levaron a cabo máis limpezas e resiembras.
Mentres a desesperación ante a falta de ingresos esténdese entre o colectivo de preto de 400 persoas que viven dos bancos de molusco na ría de Pontevedra
Mesmo se baralla a posibilidade de realizar accións de protesta para reivindicar unha axuda económica.