Paco Vázquez avoga por superar "la intransigencia de la derecha y el sectarismo de la izquierda"
Por Oskar Viéitez
O ex-alcalde da Coruña e ex embaixador no Vaticano, Francisco Vázquez, pronunciou unha conferencia na Escola Naval Militar, na que alertou da "mediocridad instalada en la actividad política, consecuencia de un profesionalismo partidario".
Vázquez detívose tamén no "error" que ao seu xuízo supón que trate de identificar á Igrexa Católica "con un proyecto político determinado" e lamentou que se pretenda "presentar como una injerencia en la actividad pública el derecho de la Iglesia a exponer los principios de su doctrina".
O conferenciante tivo moi presente ao longo do seu relatorio o que denominou "espíritu de la transición" que invocou para defender a aconfesionalidad do Estado fronte ao laicismo e ao intento de situar agora a esta institución como "el enemigo a batir".
Paco Vázquez ve agora en perigo a "reconciliación nacional" pola "negación de España desde el punto vista histórico" dixo en refencia ás "pretensiones nacionalistas que ponen en cuestión la continuidad de España como proyecto", xa que ao seu xuízo implican "reabrir heridas que veíamos superadas".
Tamén criticou o "afán revisionista" da historia que nos últimos anos mostra o Estado como "una versión ampliada de Castilla" e sitúa as nacionalidades históricas, Galicia, Cataluña e Euskadi, como unha "realidad ajena".
Para o político coruñés centrar o debate político "en un escenario de crisis económica en la configuración del Estado en lugar de hacerlo en los derechos de la ciudadanía" constitúe unha "irresponsabilidad histórica".
Paco Vázquez apelou á "generosidad" para superar los "dos grandes vicios nacionales, la intransigencia de la derecha y el sectarismo de la izquierda".