![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/ca6/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/66116e1285-anselmo-00.jpg)
© Concello de Sanxenxo
Anselmo Outón Vázquez, veciño de Dorrón, suma 100 anos de vida bañándose a diario na praia de Area de Agra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Anselmo Outón Vázquez celebra este sábado 6 de abril un século de vida.
Este veciño de Dorrón, parroquia de Sanxenxo, vive coa súa muller Carmen, de 82 anos, e cunha das súas fillas. E goza dun bo estado de saúde aos seus cen anos.
Comezou a traballar como mariñeiro con tan só doce anos. Aos 55 xubilábase.
A partir dese momento, todos os días realiza paseos camiñando ata a praia de Area de Agra. Alí lánzase a nadar, xa sexa verán ou inverno, nas augas da ría, segundo indican desde o Concello de Sanxenxo.
Este sábado sopraba as tres candeas, acompañado da familia.
As concelleiras Paz Lago e Elena Torres, responsables de Maiores e de Cultura realizaron unha visita ao seu domicilio para entregarlle un ramo de flores como agasallo de aniversario.