Preto de 500 estudantes de toda Galicia participaron na xornada de portas abertas do campus de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Preto de 500 estudantes de bacharelato puideron este mércores coñecer de primeira man a oferta educativa da Universidade de Vigo, na xornada de portas abertas que leváronos a percorrer as aulas e laboratorios das diferentes facultades e escolas do campus de Pontevedra.
Esta iniciativa buscaba dar a coñecer, nunha serie de visitas divididas por ámbitos de interese, as diferentes titulacións de grao que se imparten en Pontevedra e que se caracterizan tanto por ser estudos "moi demandados, cunha taxa de ocupación moi alta" como pola súa "singularidade", como apuntou a vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Natalia Caparrini.
A actividade arrancou cunha recepción no Pazo da Cultura, na que Caparrini e Eva María Lantarón, vicerreitora do campus de Pontevedra, deron a benvida aos 476 estudantes de primeiro e segundo de bacharelato inscritos nesta actividade.
Tras a recepción inicial, os participantes dividíronse en diferentes grupos para realizar unha serie de visitas segundo os itinerarios de interese que escolleran.
O máis numeroso foi o artístico, que levou a 139 estudantes a coñecer as aulas e laboratorios das facultades de Belas Artes e Deseño, mentres que outros 130 participaron nos tres graos que se imparten na Facultade de Ciencias da Educación e Deporte (Educación Infantil, Educación Primaria e Ciencias da Actividade Física e do Deporte).
Outros 87 alumnos optaron polo itinerario de ciencias sociais, que lles permitiu tanto coñecer algúns dos traballos, como curtametraxes, realizados por antigos estudantes da Facultade de Comunicación, como informarse, na Facultade de Dirección e Xestión Pública, tanto da modalidade presencial do seu grao, como da virtual, única no sistema universitario galego.
Por outra banda, as aulas e laboratorios de Fisioterapia e da Escola Universitaria de Enfermaría foron o destino dos 75 estudantes que optaron por coñecer as titulacións do ámbito da saúde.
Tamén houbo outros 51 que decantáronse polo itinerario tecnolóxico, asistindo a diferentes demostracións das investigacións que se levan a cabo na Escola de Enxeñaría Forestal, sede dun grao que, como lembraron as vicerreitoras, conta cunha "altísima demanda laboral e moitísimas saídas profesionais".
Relacionadas:
-
A por unha praza para estudar en Pontevedra o grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Por Redacción |
-
3.411 universitarios do campus de Pontevedra elixirán o vindeiro 13 de maio os seus representantes no Claustro
Por Redacción |
-
Unha delegación do Hospital Clínic de Barcelona visita as obras do Novo Montecelo
Por Oskar Viéitez |
-
'Monstruo 16' ou como facer arte con residuos urbanos
Por Redacción |
-
Pontevedra acollerá en 2025 un congreso sobre desprazamento activo, saudable e sostible
Por Alejandro Espiño |
-
Abre ao público o primeiro Museo de Arqueoloxía de Ons
Por Oskar Viéitez |