Poio incorporará novo equipamento para pavimentación e para limpeza viaria e de praias
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Poio vai incorporar ao seu parque móbil tres novas dotacións que redundarán na mellora da reparación, conservación e limpeza de espazos públicos do municipio.
Este equipamento supón un montante económico que supera os 43.600 euros e que se custeará con fondos do Plan +Provincia da Deputación.
Un dos equipos é de pavimentación en quente que se destinará a bacheado e aglomerado.
Outra das dotacións é un novo equipo de limpeza que supoñerá mellorar cualitativamente o servizo de limpeza viaria e finalmente incorporarase un cazo para recollida de algas que redundará na mellora do acondicionamento das praias do municipio.