Expectación polos saldos e oportunidades da 'Feira do Verdugo'
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A sexta edición da 'Feira do Verdugo' reúne esta fin de semana unha trintena de comerciantes de Ponte Caldelas no pavillón da localidade.
Con descontos que oscilan entre o 20 e o 50% o salón de oportunidades xa contou dende a súa apertura cunha nutrida presenza de visitantes.
En horario ininterrompido dende as 10:00 da mañá e ata as 21:00 horas, os asistentes poden encontrar dende postos de repostaría, pasando polo sector téxtil, maquinaria agrícola ou complementos, entre outros.
A feira permanecerá aberta durante toda a xornada de domingo, na que os organizadores esperan unha maior presenza de público procedente dos concellos veciños.