Reguera visita as obras que financia a Xunta no camiño de Esperón a Xuviño
Por Redacción
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou este mércores as obras de pavimentación do camiño de Esperón a Xuviño, no concello de Poio.
Os traballos son posibles grazas a un convenio subscrito pola Xunta de Galicia no pasado mes de novembro para a realización de obras de infraestrutura rural e polo cal investiría preto de 50.000 euros na mellora e adecuación desta vía.
Trátase dunha obra de gran importancia para os veciños da zona, que mellorará a seguridade viaria dun camiño polo que cada día pasan decenas de vehículos.
O delegado territorial destacou a importancia da colaboración entre institucións e asegurou que "a Xunta de Galicia sempre está disposta a escoitar aos alcaldes e alcaldesas, que son quen coñecen de primeira man as necesidades dos seus veciños".
Neste sentido, cabe destacar que no ultimo cuadrimestre do ano 2023 a Xunta acordou 13 convenios deste tipo na provincia de Pontevedra por valor de algo máis de 610.000 euros.