Marín solicita unha nova caseta de salvamento e aseos para a praia de Loira
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Marín quere renovar as instalacións de aseos accesibles e de salvamento da praia de Loira, e para iso acudiu a unha convocatoria de subvención aberta pola Axencia de Turismo de Galicia para financiar actuacións de mellora no litoral.
En concreto o goberno local tramitou a solicitude do "Proxecto para reposición de casetas de salvamento con aseos accesibles" do areal.
A actual caseta, unha construción de madeira asentada sobre a area e conectada ás redes de abastecemento e saneamento, instalouse a finais da década dos 90. Por ese motivo, co paso dos anos, o seu estado de conservación foi empeorando.
O custo do novo equipamento, calcula o Concello, ascende a preto de 45.000 euros, dos que se solicita unha subvención do 90% (40.000 euros).
Segundo explica a administración local o novo módulo estará totalmente adaptado a persoas con mobilidade reducida.