Denuncia á súa ex noiva por roubarlle ao seu mellor amigo
Por Oskar Viéitez
Un veciño de Portonovo denunciou á súa ex noiva ante o xulgado de garda de Cambados por un presunto roubo.
Neste caso, ademais de romperlle o corazón, unha conduta que polo momento non está incluída como delito no Código Penal, a moza levouse ao seu mellor amigo e rouboulle o tempo.
Dito de xeito máis prosaico, a rapariga foi acusada de levarse un cachorro de Dálmata con pedigrí e un Rolex de alta gama.
O valor conxunto do can e do reloxo poden superar os seis mil euros.
Coma se fose un David Civera calquera, este veciño de Portonovo plantouse no xulgado para denunciar á súa ex noiva e esixindo "Que la detengan"
O roubo produciuse a principios de mes, aínda que non foi ata o pasado venres cando o denunciante descubriuno.
A porta do seu piso no centro desta parroquia de Sanxenxo estaba forzada e os cacos desvalixaran a caixa forte na que ademais do Rolex "Submariner", gardaba tamén unha importante cantidade de diñeiro en efectivo.