O Concello de Soutomaior duplica a súa colaboración económica coa Banda Artística de Arcade
Por Redacción
O Concello de Soutomaior vai duplicar a axuda económica que anualmente se daba á Banda de Música Artística de Arcade e cuxo convenio está en trámite. Trátase da terceira banda máis antiga de Galicia, cumprindo este ano 156 anos de actividade. No máis de século e medio de andaina a Banda Artística de Arcade viviu altibaixos e a pretensión do goberno local é axudar na súa xestión e labor diaria.
Desta forma a contía pasa a ser de 40.000 euros coa intención de axudar a financiar a Banda e garantir a continuidade da Escola de Música, que destina a súa actividade formativa aos máis pequenos do municipio. A contraprestación consistirá en seis actuacións para o Concello e a colaboración para mellorar a vida cultural e social en Soutomaior.
Neste convenio no que traballa inclúese unha partida de 5.000 euros para que asociacións e comisións de festas de Soutomaior dispoñan de axuda para contratar a Banda Artística. Así, estas entidades dispoñerán de 500 euros para facilitar a devandita contratación, que debe ser presentada formalmente.
Relacionadas:
-
O 25 de febreiro terá lugar o acto de homenaxe a Alfonso Pazos
Por Redacción |
-
O Entruido tradicional correu con "roupa vella e a cara tapada" polos distintos recunchos de Soutomaior
Por Redacción |
-
Divulgaciencia volve a Soutomaior para fomentar a cultura científico-tecnolóxica da súa poboación
Por Redacción |