O alcalde garante aos hostaleiros que a ordenanza de terrazas adaptarase ás necesidades reais de Poio
Por Redacción
A rolda de contactos do goberno local de Poio para avanzar na elaboración da ordenanza municipal de terrazas tivo este luns un novo paso coa xuntanza do alcalde de Poio, Ángel Moldes, cos hostaleiros de Combarro.
Este luns mantiveron unha reunión informativa, na que participaron tamén a concelleira de Urbanismo e Turismo, Rocío Cochón, e a técnica municipal responsable da súa redacción, onde Moldes asegurou que este "é un documento imprescindible que vai adaptarse ás necesidades reais e á idiosincrasia de Poio".
Nesta liña, indicou que con estas reunións o Goberno abre un proceso dialogado para intentar consensuar, organizar e concretar esta ordenanza. Así, xa se reuniron cos hostaleiros de Raxó, e este luns foi a quenda de Combarro. "É unha demanda histórica, que ademais de intentar unificar e harmonizar a imaxe, tamén vai ser un instrumento útil para resolver os problemas da hostalería e garantir a convivencia entre negocios e veciños", indicou.
Ademais de explicarlle polo miúdo os aspectos técnicos recollidos no borrador da ordenanza e escoitar as propostas das persoas asistentes á reunión, tamén adiantaron que agora ábrese un proceso de traballo de campo, no que o persoal técnico se trasladará ata o casco histórico de Combarro para seguir avanzando, polas particularidades que ten este lugar.
Moldes incidiu en que "a nosa ordenanza non vai ser ningunha copia doutro concello nin vai estar feita a correr para cumprir co trámite en vésperas de eleccións. Vai ser un documento moi meditado e analizado, unha ordenanza feita en Poio e para a hostalería de Poio. Levamos máis de quince anos esperando por este documento, é unha das ordenanzas máis importantes do nosos concello e, por fin, vai ser unha realidade".
Relacionadas:
-
Constituida a Mesa de Turismo de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
As empresas xa poden presentar os seus proxectos para organizar as ludotecas de verán na Seca, Raxó e Viñas
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno local de Poio presenta un plan para garantir un reparto "transparente, obxectivo e eficiente" das subvencións
Por Oskar Viéitez |
-
Raxó, campo de probas para a futura ordenanza de terrazas de Poio
Por Redacción |
-
Poio prevé que as terrazas abran ata as 01:30 horas entre maio e setembro
Por Alejandro Espiño |