Organizan un curso gratuíto de autodefensa para mulleres ante situacións violentas
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo, a través do Centro de Información á Muller (CIM) e en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta, organiza un curso de autodefensa persoal destinado a mulleres maiores de idade no marco as diferentes accións pola conmemoración do 8 de marzo, Día da Muller.
Terá lugar no ximnasio do CEIP Portonovo e require inscrición previa, preferentemente por vía electrónica ou nas propias oficinas do CIM.
A actividade está prevista para o vindeiro luns, 19, e o mércores, 21, de 16 a 19 horas. As prazas dispoñibles son 25, gratuítas, e iranse cubrindo por orde de inscrición.
Este curso enmárcase no marco de colaboración da Xunta coa Federación Galega de Loita (Fegaloita) co obxectivo de formar a mulleres en defensa persoal e autocapacidades para a prevención de situacións de violencia machista.
Os profesionais que imparten o curso están cualificados e contan con experiencia en técnicas de intervención en violencia de xénero.