A Garda Civil atrapa un caco que escapaba tras roubar nunha vivenda de Sanxenxo
Por Redacción
A Garda Civil detivo a A.M.S.C., de 44 anos de idade e veciño de Marín, como suposto autor dun roubo con escalo nunha vivenda de Sanxenxo, onde subtraera diñeiro en efectivo.
Segundo informan fontes oficiais do Instituto Armado, na tarde do luns compoñentes da Área de Investigación do Posto Principal da Garda Civil de Sanxenxo, sorprenderon o detido cando saía correndo da vivenda obxecto do roubo.
Os agenges procederon á súa identificación e detención ao recoñecerse autor do referido feito delituoso, localizándoselle no seu poder, despois dun superficial cacheo, o diñeiro que subtraera.
No transcurso da instrución das dilixencias presúmese que A.M.S.C., podería ser o autor dun intento de acceso a outra vivenda do mesmo municipio non conseguíndoo pola presenza do seu inquilino.
O detido, que carece de antecedentes policiais, quedou en liberdade coa obriga de presentarse ante o Xulgado de Instrución número catro dos de Cambados.