Premio de 300 euros para quen consiga comer en menor tempo un cocido de 3 quilos de peso
Por Oskar Viéitez
Este xoves presentaron as "Crónicas carnívoras de Marín, versión cocido galego".
A iniciativa consiste en premiar con 300 euros a aquela persoa que sexa capaz de comer en menos tempo unha fonte de cocido de tres quilos.
Poderase participar tanto en comidas como en ceas e terá un custo de 30 euros por persoa, pero será preciso reservar previamente.
La Cantina del Muelle ofrecerá desde este sábado e ata o 14 de febreiro esta actividade diferente para degustar un dos pratos típicos destas datas.
O reto será rematar todo o cocido nun tempo récord, que se irá anotando nun ranking, pero no caso de non ser capaces, "non hai problema, aquí non se tira nada. Poderase levar o que sobre nun táper", sinalou o cociñeiro Alfonso Díaz que impulsa esta iniciativa.