Víctor Méndez presenta o documental 'La guerra del hachís' no Liceo Casino
Por Mónica Patxot & Redacción
O xornalista pontevedrés Víctor Méndez presentaba este xoves no Liceo Casino o primeiro episodio dunha miniserie documental, que leva por título 'La Guerra del Hachís', un traballo no que se narra aspectos que se atopan detrás do tráfico de haxix relacionados co crime organizado.
Ao acto asistían diferentes representantes públicos como Abel Losada, novo subdelegado do Goberno en Pontevedra; Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde da cidade; e Pablo Varela, fiscal jede da Fiscalía Provincial; ademais de distintos representantes das forzas e corpos de seguridade.
O evento foi presentado por Leticia Pérez Rico, responsable editorial de Documentais e Música de Movistar Plus+, plataforma na que se estreará o vindeiro martes 16 de xaneiro este traballo do tamén director de 'Narcogallegos' e xornalista do Diario de Pontevedra.
Neste documental, composto de dous episodios, realizarse un seguimento dunha operación desde a reunión inicial dos investigadores ata que se logra deter a un grupo de narcotraficantes.
Víctor Méndez ofrece en imaxes a realidade sobre o negocio dunha droga que non adoita atraer o foco de atención social, malia que "hai mortos constantemente en todas as bandas" e que supón o primeiro paso para financiar outras operacións de movemento de cocaína por parte das organizacións criminais.
O documental 'La Guerra del Hachís' está producido por Imaxe e Comunicacións de Pontevedra, Narcodiario e Movistar Plus+ coa colaboración do Concello e da Deputación de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Rogelia dos Outeiros leva o seu espectáculo 'Soa' ao Liceo Casino con motivo do 8M
Por Redacción |
-
Detidas catro persoas en Vilagarcía por venda e distribución de droga
Por Oskar Viéitez |
-
"O tráfico de haxix está banalizado como parte da paisaxe e non ten a repercusión que debería ter"
Por Natalia Puga |
-
A UNED proxectará en Pontevedra o segundo episodio de 'Narcogallegos', o documental de Víctor Méndez
-
Os 'Narcogallegos' de Víctor Méndez chegan a Movistar Plus en formato documental
Por Alejandro Espiño |