"Namórate na Zona Monumental", campaña de San Valentín nos comercios do centro histórico
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Con motivo da celebración de San Valentín e co obxectivo de incentivar as compras durante estas datas, o Centro Comercial Urbano Zona Monumental poñerá en marcha a campaña "Namórate na Zona Monumental".
Mediante esta iniciativa os comercios do centro histórico, ademais de decorarse para a ocasión, ofrecerán descontos entre os días 10 e 16 de febreiro.
Para promover a campaña unha bicicleta percorrerá as rúas da cidade con globos de corazóns, sempre que a climatoloxía o permita.
Ademais os locais de hostalaría e ocio nocturno súmanse tamén aos actos previstos, poñendo en marcha os días 14, 15 e 16 de febreiro o xogo 'semáforo de parellas', polo cal se entregarán aos clientes unha chapa de cor vermella (ocupado), amarelo (posible) e verde (libre).