523 escolares preparan a sexta edición do Cartafol do Lérez
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os alumnos de quinto e sexto de primaria dos centros escolares de Pontevedra iniciaron as actividades da sexta edición do Cartafol do Lérez.
A iniciativa, na que os estudantes aprenden a escribir historias axudándose da súa imaxinación, é un programa impulsado pola concellaría de Educación co apoio da Editorial Kalandraka.
Participan os colexios de Ponte Sampaio, Marcos da Portela, Carballeira, Álvarez Limeses, Santo André de Xeve, Vilaverde, Froébel, Marcón e Lérez, chegando a un total de 523 alumnos.
Ata despois de entroido os estudantes poñerán a punto unha versión en papel e tamén unha ventá dixital, a través da web www.ocartafoldolerez.org.
O enfoque desta edición será o relato do absurdo e contará tamén con entrevistas a personaxes públicos, como o grupo de teatro Migallas ou os debuxantes Pinto e Chinto.
Os obradoiros xirarán en torno a 15 títulos editados por Kalandraka, que serán entregados ás bibliotecas escolares.
Ademais o adianto nas datas permitirá dispoñer do Cartafol no Día das Letras Galegas.