Homenaxe a unha veciña centenaria que formou parte do Coro da Casa Rosada
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
María del Carmen Vázquez Villanueva é unha veciña da Puntada, na parroquia de San Salvador de Poio, que este martes celebraba o seu 100 aniversario.
Esta muller formou parte do Coro da Terceira Idade da Casa Rosada durante varios anos ata que en 2020 con motivo da irrupción da pandemia pola covid-19 viuse obrigada a abandonar definitivamente a agrupación.
Integrantes da agrupación que compartiron momentos especiais con ela se achegaron para felicitarlle o aniversario e entoaron un "Mañanitas" en homenaxe a María del Carmen Vázquez, que soprou as candeas da torta de aniversario.
Ángel Moldes, alcalde de Poio, tamén asistía a este encontro para entregarlle un ramo de flores, acompañado por Natividad Torres, concelleira de Benestar Social e Igualdade, e por Natalia Sabarís, edil de Cultura e Educación.