A Alameda e o Parque Eguren énchense de actividades coas vacaciones escolares
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/216/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6585ff765a-img-20231222-wa0012.jpg)
© Concello de Marín
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/eac/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6585ff9196-img-20231222-wa0013.jpg)
© Concello de Marín
Xa están aquí as vacacións escolares de Nadal e con elas a programación festiva para os máis pequenos e pequenas da casa multiplícanse.
Sábeno ben en Marín que xa abriu as carpas infantís e xuvenís con numerosas actividades para gozar durante estes días.
Na Alameda abriu as súas portas a carpa infantil, que estará aberta ata o próximo 7 de xaneiro en horario matinal (11:30 a 13:30 horas) e vespertino (17:00 a 21:00 horas).
A sesión inaugural contou cunha chocolatada solidaria organizada polas ONG do municipio.
O parque Eguren, pola súa banda, acolle a carpa para as actividades xuvenís.
Estará aberta tamén ata o 7 de xaneiro, pero cun horario lixeiramente diferente para adecuarse ás necesidades dos mozos e mozas, de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas.