As brigadas municipais de Marín redobran os seus esforzos para atender as incidencias do temporal
Por Redacción
A sucesión de temporais que está azoutando as Rías Baixas nos últimos días están provocando numeras incidencias no concello de Marín. Especialmente notables foron as da tarde do martes, onde determinadas zonas do rural marinense víronse tamén tremendamente afectadas polo forte vento e as intensas choivas.
Segundo informa o goberno municipal, detectáronse problemas co colector xeral, o levantamento de numerosas tapas de sumidoiros, o desprendemento dunhas pezas de uralita na rúa Jaime Janer ou colectores, especialmente os menos pesados, que se viron desprazados invadindo as beirarrúas das rúas ou envorcados en plena estrada.
Ademais, os veciños do lugar do Pazo víronse prexudicados polas fortes choivas, quedando incomunicados durante varias horas; e un muro derrubouse nas inmediacións de Viñas Blancas.
As brigadas municipais, segundo o Concello, van atendendo de forma sucesiva os distintos contratiempos, tratando de que todo volva á normalidade canto antes.