Nova área de aparcamento disuasorio na Rúa Adro, en San Salvador
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un novo aparcamento na rúa Adro, en San Salvador, súmase ás áreas de estacionamento disuasorio e gratuíto do Concello de Poio.
O concelleiro de Obras e Servizos, Marcial García, sinala que este novo aparcamento implica dar "pasos importantes" para cumprir un dos puntais do programa electoral do PP nos pasados comicios municipais, a dotación de estacionamento.
A apertura deste aparcamento na rúa Adro faise días despois de anunciar tamén a posta en funcionamento do párking na antiga finca de Coca-Cola.
Ademais, as prazas para estacionamento incrementaranse nas próximas semanas coa apertura de dúas fincas máis para aparcamento en Anafáns, na contorna do centro de saúde.
Marcial García explica que os trinta días de choiva e temporais atrasaron as labores de acondicionamento das fincas e, polo tanto, tamén a súa apertura.
Con todo, indica que xa só quedan pendentes as dúas parcelas en Anafáns, que confía que poidan abrirse nos próximos días.
Unha vez abertos estes catro estacionamentos, en San Salvador pasará a haber preto de 350 prazas que facilitarán a accesibilidade e o estacionamento de vehículos.
Segundo a información facilitada polo Concello de Poio, o goberno local traballa tamén para dotar de aparcamento a outras parroquias. En Combarro, están negociando con propietarios para ampliar as prazas.