Blanca Ana García, nova presidenta da Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra
Por Redacción
O Consello Nacional da Asociación Española Contra o Cancro aprobou o nomeamento de Blanca Ana García como presidenta da Asociación en Pontevedra en substitución de Carmen Abeledo.
Desde a Asociación, agradecen o labor e o esforzo da anterior presidenta "quen estivo á fronte do seu mandato con gran dedicación e traballo".
De formación sanitaria, Blanca Ana García, é A.T.S. pola Universidade de Santiago e dedicou gran parte da súa carreira ao mundo da xestión no sector da saúde.
Más de 21 anos como directora xerente da rede de clínicas de fisioterapia Fimega, postos directivos no grupo Vithas ou a dirección de Desenvolvemento de Valorar-T son algúns exemplos da súa traxectoria profesional.
Ademais, compatibilizou o seu traballo coa Vicepresidencia da Asociación Nacional de Clínicas Privadas sen internamento (ANCSSI) e a presidencia honorífica da rama galega da devandita asociación (ACESGA).
Blanca Ana García sinalou que "salvar vidas é o obxectivo da nosa Asociación e por este motivo propúxose o reto de superar o 70% de supervivencia para o ano 2030" neste sentido destacou que "desde Pontevedra imos contribuír a este reto aumentando a nosa actividade na prevención do cancro, no apoio e acompañamento á persoa enferma e a súa familia e impulsado a investigación oncolóxica".
"Estamos seguros de que co apoio da nosa sociedade, solidaria e comprometida, imos poder conseguilo" manifestou a nova presidenta.