RADIO.- Tes internet na casa, así que escoita 'ConéctaTEC' porque hai cuestións que debes saber
Por Redacción
Xa podes escoitar ou descargar a última edición de 'ConéctaTEC' neste 2022. Desta vez David López Pazos fala da internet na casa. A presenza da rede na casa desde hai tempo non se limita ao uso de portátiles, así que o mellor é saber que temos instalado nos fogares e como funcionan.
O primeiro elemento ao que se refire o entrenador tecnolóxico neste capítulo é o router. Explica igualmente que é a rede wifi e algo que seguro interesa saber: que facer cando a túa wifi está a dar problemas, isto é,cando hai interferencias, por que pode estar a pasar e como darlles solución.
No caso de que o teu problema sexa que a rede wifi non chega adecuadamente a todos os recunchos da túa casa, debes saber que hai aparatos para mellorar a conexión da wifi como os puntos de acceso wifi, os PLCs, a wifi mesh ou "wifi de malla", ou a wifi 6 "según o que se invirta mellorará máis ou menos a conexión". Todos quedan explicados neste programa de PontevedraViva Radio.